benav.png

Máis de tres décadas de compromiso e máxima atención

O GRUPO SALCO iniciou a súa actividade no ano 1973 na cidade de Vigo, como a empresa familiar Neumáticos Berbés.


Firma do acordo coa rede de talleres Vulco (2015)

Acordo de colaboración Goodyear e grupo Vulco

O día 23 de xaneiro de 2015 faise oficial o acordo alcanzado entre o Grupo Salco e Goodyear polo cal os 18 talleres do grupo únense á rede de talleres Vulco.

Vulco é a rede de talleres asociada a Godyear Dunlop Tires, lider mundial na fabricación de pneumáticos, e unha das primeiras cadeas especializadas en pneumáticos e mecánica rápida en ofrecer os seus servizos en España, onde abriu o seu primeiro centro en 1993.

Con máis de 215 establecementos en España, Vulco é unha das rede de talleres máis consolidada no mercado español. Un rápido desenvolvemento cimentado na súa moderna xestión, calidade de servizo e o seu compromiso co cliente en prol de ofrecer o mellor servizo e os maiores índices de satisfacción.

Para o Grupo Salco supón continuar a súa expansión da man da segunda rede de talleres máis importante en España, que a nivel mundial alcanza ao difra de 89.700 pneumáticos ao día montados nos seus talleres.

Este acordo non fai senón reforzar o nivel de colaboración existente desde hai anos entre as dúas compañías, dando un paso máis, nun claro beneficio para ambas.

Con este acordo, a rede Vulco convértese na rede con máis talleres de Galicia.

Na actualidade o GRUPO SALCO fórmano as empresas Pneumáticos Berbés, Pneumáticos Fide,Distribucións Salruber e Galusal.

Actualmente o grupo conta con dez locais propios, deiciséis talleres móbiles e vinte e cinco talleres asociados, repartidos por toda Galicia

No GRUPO SALCO, temos un claro compromiso de servizo e máxima atención, por iso ofrecemos aos nosos clientes, ademais da nosa experiencia na reparación e substitución de pneumáticos, un programa de mantemento personalizado que lles permita levar un perfecto control dos principais puntos de seguridade dos seus vehículos, recomendándolles sempre os produtos que mellor se axustan ás súas necesidades

No Grupo Salco temos un claro compromiso de servizo e máxima atención cos nosos clientes.

Os talleres do GRUPO SALCO buscan a excelencia como obxectivo do seu traballo. A calidade no servizo ao cliente orienta todas as nosas operacións, proporcionando unha asistencia integral, máis aló do servizo requirido.

As tres liñas esenciais da nosa razón de ser, conxúganse o bo facer dos nosos profesionais coa atención personalizada e diferenciada de todos os nosos clientes